Benvido á lista principal de paquetes de dselect
Háselle presentar unha lista de paquetes que están instalados ou dispoñíbeis
para os instalar. Pode navegar pola lista empregando as frechas do cursor,
marcar paquetes para os instalar (empregando "+") ou para os desinstalar
(empregando "-"). Os paquetes pódense marcar un a un ou por grupos. Ao
principio ha ver que a liña "Todos os paquetes" está escollida. "+", "-" e
todo iso han afectar a todos os paquetes descritos pola liña resaltada.
Algunhas das súas accións han causar conflitos ou problemas de dependencias;
háselle fornecer unha sub-lista cos paquetes relevantes para que poida
solucionar os problemas.
Debería ler a lista de teclas e as explicacións da pantalla. Hai moita axuda
en liña dispoñíbel, empréguea, prema "?" en calquera momento para ter axuda.
Cando remate de escoller os paquetes, prema <Intro> para confirmar as
modificacións, ou "X" para saír sen gardalas. Hase realizar unha derradeira
comprobación de conflitos e dependencias, onde tamén ha ver unha sub-lista.
Prema <Espazo> para saír da axuda e entrar agora na lista.