Este paquete contén só as ferramentas do espazo do usuario necesarias para o desenvolvemento de táboas de ACPI, non a implementación do kernel de ACPI. Están instaladas as ordes seguintes:
-- iasl: compila ASL (linguaxe fonte de ACPI) en AML (linguaxe máquina de ACPI),
axeitado para a inclusión como DSDT en firmware do sistema.
Tamén pode desensamblar AML con propósitos de depuración.
- acpibin: realiza operacións básicas sobre ficheiros binarios en AML
(por exemplo, comparación, extracción de datos)
-- acpidump: escribe o contido actual de táboas de ACPI
-- acpiexec: simular a execución de AML para depurar definicións de métodos
-- acpihelp: mostrar mensaxes de axuda que describan palabras clave de ASL e op-codes
--acpinames: mostrar espazo de nomes de ACPI completo a partir de AML introducido
-- acpisrc: manipular a árbore de fonte ACPICA e formatar os ficheiros de código fonte
para ambientes específicos
-- acpixtract: extraer táboas binarias de ACPI da saída de acpidump
(vexa tamén o paquete pmtools)